jueves, 19 de enero de 2012

CAMIÑO DE SANTIAGO 2011/2012

Un ano máis os alumnos do colexio Padre Feijoo Zorelle dirixíronse a Santiago de Compostela. Este roteiro educativo organizado polo centro e máis o Departamento de Educación Física e Relixión obtivo como premio a compostelana para os seus peregrinos e unhas vivencias especiais para todos os seus participantes.










A Primeira etapa Cea-O Castro de Dozón: unha etapa impresionante, permitiunos visitar o Mosteiro de Oseira, onde o irmán Felipe deunos recordos para todos. A etapa estivo destinada a que os nosos alumnos e alumnas foran preparando o corpo para a durísima seguinte etapa. Descansamos no albergue de Dozón facendo migas con algún que outro peregrino.





A Segunda etapa O Castro de Dozón-Bandeira estivo marcada pola lonxitude da mesma 35,5 km. A etapa transcurriu sen incidencias rematando todos sen problemas. o noso descanso foi no Hotel de Bandeira.

A terceira etapa dixaríanos a Santiago onde recibiriamos unha misa na Catedral oficiada polo noso sacerdote Don Roberto Xefe do Departamento de Relixión do centro. O comportamento impecable dos nosos alumnos demostra un ano máis o especial que é o Camiño o cal marcará a nosa vida no


futuro.....






martes, 17 de enero de 2012

SAN MARTIÑO 2011
O Colexio Padre Feijoo Zorelle proclámase campión da XXXV Carreira Popular Do San Martiño. Con case 200 participantes pais e alumnos disfrutaron dun fantástico día de deporte, educación e familia. Os nosos rapaces quedaron por riba de tódalas asociacións deportivas e máis os centros educativos participantes (aproximadamente 3000 participantes)