Un ano máis os alumnos do colexio Padre Feijoo Zorelle dirixíronse a Santiago de Compostela. Este roteiro educativo organizado polo centro e máis o Departamento de Educación Física e Relixión obtivo como premio a compostelana para os seus peregrinos e unhas vivencias especiais para todos os seus participantes.
A Primeira etapa Cea-O Castro de Dozón: unha etapa impresionante, permitiunos visitar o Mosteiro de Oseira, onde o irmán Felipe deunos recordos para todos. A etapa estivo destinada a que os nosos alumnos e alumnas foran preparando o corpo para a durísima seguinte etapa. Descansamos no albergue de Dozón facendo migas con algún que outro peregrino.
A Segunda etapa O Castro de Dozón-Bandeira estivo marcada pola lonxitude da mesma 35,5 km. A etapa transcurriu sen incidencias rematando todos sen problemas. o noso descanso foi no Hotel de Bandeira.
A terceira etapa dixaríanos a Santiago onde recibiriamos unha misa na Catedral oficiada polo noso sacerdote Don Roberto Xefe do Departamento de Relixión do centro. O comportamento impecable dos nosos alumnos demostra un ano máis o especial que é o Camiño o cal marcará a nosa vida no
futuro.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario